O programa de Redes Territoriais de Especialización Tecnolóxica (RETECH) é unha iniciativa impulsada desde a Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial para facer realidade a transformación dixital en cada rexión de España mediante a posta en marcha de proxectos territoriais en distintos ámbitos tecnolóxicos impulsados de forma conxunta por varias Comunidades Autónomas.
No ámbito da Ciberseguridade, Galicia presentou conxuntamente con Cataluña e a Comunitat Valenciana o proxecto "Centro de Innovación e Competencia en Ciencias da Saúde, Transporte Intelixente, Industria Conectada e Excelencia Operativa", sendo este un dos seleccionados para a súa posta en marcha no marco do Programa RETECH.
A continuación poderás coñecer máis sobre as iniciativas enmarcadas neste proxecto que levan a cabo co liderado e a participación de Galicia.
Ollo coas chamadas do teu “banco”! Poden ser #Cibercarrachos
🦸🏻♀️ CiberEsther vs Cibercarracho 😈 Quen gañará?
Esquéceo! Non che van pagar por darlle ‘gústame’ a publicacións en redes! É outro cibercalote!
Non compartas copias do teu DNI así como así!
Nada de compartir contrasinais co teu ‘crush’
Escoitaches falar algunha vez do ‘jailbreaking’ e do ‘rooting’?
Non é tan doado borrar arquivos, fotos ou vídeos dun PC ou dun móbil!
Chama ao 017 se te atacan os cibercarrachos
Se che mandan unha SMS en nome do teu ‘banco’, non fagas nin caso!
Aprende esta nova palabra: 'EGOSURFING'