Actualizacións de seguridade de Microsoft de xaneiro de 2025

Nivel de alerta
Crítico

O boletín de seguridade de Microsoft do 14 de xaneiro describe 159 vulnerabilidades (con CVE asignado), cualificadas como 3 críticas, 97 altas, 58 medias e 1 baixa.

As vulnerabilidades de severidade crítica publicadas teñen asignados os seguintes identificadores e descricións:

  • CVE-2025-21298: execución remota de código OLE.
  • CVE-2025-21307: execución remota de código en RMCAST.
  • CVE-2025-21311: elevación de privilexios en NTLM.

Recoméndase instalar canto antes as actualizaciones de seguridade correspondentes. Na páxina de Microsoft infórmase dos distintos métodos para levar a cabo estas actualizacións.