A compañía recomenda aos usuarios actualizar os dispositivos afectados (iPhone, iPads e Macs) tan pronto como sexa posible.
Apple ven de liberar unha actualización de seguridade de emerxencia para facer fronte a unha vulnerabilidade zero-day (é dicir, que ata a data non era coñecida e está presente en multitude de dispositivos en uso) que lle foi comunicada por distintos investigadores.
A referencia asignada á vulnerabilidade é CVE-2023-23529, e podería levar á execución de código arbitrario nos equipos afectados. Algúns dos principais modelos son os seguintes:
-
iPhone 8 e posteriores.
-
iPad Pro (todos os modelos)
-
iPad Air 3ª xeración e posteriores.
-
iPad 5ª xeración e posteriores
-
iPad mini 5ª xeración e posteriores
-
Macs con macOS Ventura
Estímase o risco para distintos grupos de usuarios da seguinte maneira:
-
Administracións públicas:
-
Entidades medianas e grandes - ALTO
-
Entidades pequenas - MEDIO
-
-
Empresa:
-
Compañías medianas e grandes - ALTO
-
Compañías pequenas - MEDIO
-
-
Particulares – BAIXO