Detectadas campañas que suplantan a identidade de varias entidades bancarias a través de smishing

Nivel de alerta
Alto

Detectáronse múltiples campañas, a través de smishing, que suplantan a identidade de diversas entidades bancarias. A través dun SMS fraudulento comunícaselle á vítima que houbo un movemento inusual na súa conta como, por exemplo, que se rexistrou un novo dispositivo ou que a súa conta vai ser suspendida. Para poder resolver estas situacións, comunícaselle ao usuario que ten que facer clic na ligazón proporcionada no SMS. Esta ligazón lle redireccionará a unha web fraudulenta coa intención de obter as credenciais de acceso á banca en liña.

Descrición de accións para evitar o risco ou solucionalo

Se recibiches unha mensaxe de texto con características similares ás mencionadas, pero non facilitaches os teus datos, bloquea o número e elimina o SMS.

Se tentaches acceder mediante a ligazón fraudulenta, notifica de inmediato ao teu banco a situación.

Información relacionada