Google Chrome 142 – 20 vulnerabilidades críticas corrixidas

Imaxe
Nivel de alerta
Alto

Google publicou a versión Chrome 142, que inclúe 20 correccións de seguridade, varias delas de alta gravidade.

Entre as vulnerabilidades corrixidas atópanse fallos que poderían permitir a un atacante executar código arbitrario de forma remota ao visitar unha páxina web manipulada de maneira maliciosa.

Segundo o aviso oficial de Google, as vulnerabilidades afectan compoñentes como o motor V8, o sistema de medios e o renderizador. 

Inclúense vulnerabilidades como:

  • CVE-2025-12428 (Type Confusion en V8)
  • CVE-2025-12429 (Incorrect Implementation en V8)
  • CVE-2025-12430 (Use After Free en Media)

Entre outras que tamén afectan ao procesamento de imaxes, GPU e PDF.

Impacto

Estas vulnerabilidades poderían ser explotadas para executar código malicioso remotamente, roubar información sensible ou instalar software malicioso.

Dada a ampla utilización de Chrome, recoméndase a actualización inmediata.

Versiones afectadas

Todas as versións anteriores á 142 no canal estable (Windows, macOS, Linux).

Recomendaciones

  1. Actualizar de inmediato á versión 142 de Google Chrome.
  2. Reiniciar o navegador despois da actualización.
  3. En contornas corporativas: incluír esta versión nos ciclos de parcheo e revisar as políticas de actualización automática.
  4. Evitar extensións ou sitios non verificados ata completar o despregue.

Información relacionada