Millóns de dispositivos IoT sofren intentos de explotación globalmente

Imaxe
Nivel de alerta
Crítico

Investigadores da coñecida multinacional Palo Alto Networks fixeron pública recentemente a existencia dunha campaña masiva de ataques, ocorrida entre agosto e outubro de 2022, que tiña como obxectivo o compromiso de millóns de dispositivos IoT.

Durante esas datas, máis do corenta por cento de todos os ataques detectados polos investigadores foron intentos de explotar unha vulnerabilidade en Realtek Jungle SDK, para a cal xa se publicaran os correspondentes ‘parches’, que permitía a execución remota de código (CVE-2021-35394).

Descrición de accións para evitar o risco ou solucionalo

O feito de que existan este tipo de campañas a nivel global indica que varias organizacións de cibercriminais están a levar a cabo ataques a gran escala en dispositivos intelixentes, sendo este por tanto un campo crítico que se debe monitorizar e securizar nos próximos anos.

Información relacionada