Os cibercriminais proporcionan ferramentas para piratear software… a cambio dos teus datos sensibles.
Empresas especialistas en ciberseguridade detectan un incremento no roubo de datos sensibles a través dun novo malware coñecido como RisePro.
Chega camuflado dentro de ferramentas que se utilizan para romper as proteccións de aplicacións de pago e usalas de maneira gratuíta (‘piratear’ ou ‘crackear’), e cando se utilizan esas ferramentas instálase no equipo de destino.
Unha vez instalado recompilará e enviará ao cibercriminal información sensible de ata 36 tipos distintos: contrasinais, tarxetas bancarias, billeteiras de criptomoedas…
Alterar software baixo licenza de pago para usalo de maneira gratuíta é un delito, pero mesmo se non hai denuncias pode chegar a saír moi caro.