A mellor maneira de evitar unha estafa é coñecer como se leva a cabo.
Así funciona a ‘estafa do fillo’ (pode ser outro parente, pero a técnica será a mesma):
- A vítima recibe unha mensaxe por sms ou un whatsapp no que unha persoa faise pasar polo seu fillo, solicitando axuda ante unha situación grave: di que perdeu o seu móbil e que necesita unha transferencia de diñeiro de maneira urxente.
Os cibercriminais proban ao azar moitos números de teléfono, ata que algún cae na estafa.
Se recibes unha mensaxe deste tipo, para evitar seres estafado debes seguir as seguintes recomendacións:
A) Chama ao teléfono habitual do teu fillo para preguntarlle se realmente ten problemas. Se está apagado ou non responde, proba a opción B.
B) Realiza unha videochamada ao teléfono do que recibes o Whatsapp para comprobar que quen che solicita o diñeiro é quen di ser.
C) Se non é posible comprobar a identidade mediante os puntos A e B, podes solicitar axuda e describir o teu caso: o persoal do Incibe darache consello.
Lembra:
Nunca envíes ese diñeiro, é moito máis probable que esteas a falar cunha banda de malfeitores que co teu fillo.
Pon sempre o caso en coñecemento das autoridades: servirá de axuda para investigar e previr novas estafas.