Vulnerabilidade crítica en dispositivos CISCO

Imaxe
Nivel de alerta
Crítico

Cisco ven de informar dunha vulnerabilidade crítica en todos os seus dispositivos que utilizan o sistema operativo Cisco IOS XE (principalmente equipos para contornas empresariais).

De ser explotada, un atacante podería facerse co control total do sistema.

Detectáronse xa eventos de explotación en equipos activos en redes públicas e polo momento non hai ningún parche de seguridade que a corrixa.

Descrición de accións para evitar o risco ou solucionalo

Se se dispón dalgún equipo afectado, a recomendación de Cisco é comprobar se está activo o servizo de acceso a través de ‘http’ e, en caso afirmativo, inhabilitalo.

Información relacionada