Vulnerabilidade crítica en FortiOS e FortiProxy

Imaxe
Nivel de alerta
Crítico

Fortinet, unha compañía que proporciona produtos orientados á ciberseguridade, emitiu unha advertencia sobre unha nova vulnerabilidade crítica que podería permitir aos atacantes executar código de forma remota sen autenticación previa.

A vulnerabilidade afecta a FortiManager e FortiAnalyzer, dúas ferramentas de xestión utilizadas para monitorizar e analizar o tráfico de rede e foille asignada unha puntuación CVSS de 9.8 sobre 10.

Descrición de accións para evitar o risco ou solucionalo

A empresa xa proporcionou os parches necesarios para liquidar este fallo, coa recomendación aos usuarios de que actualicen o seu software canto antes. 

A frecuente aparición de fallos de seguridade en todo tipo de produtos pon en evidencia a importancia de aplicar actualizacións e parches de software para garantir a seguridade dos sistemas conectados a internet. 

Información relacionada