Estase a constatar a explotación activa por parte de cibercriminais de dúas vulnerabilidades críticas que afectan a estes produtos de Microsoft.
As vulnerabilidades están a ser explotadas de forma activa e non requiren de interacción por parte dos usuarios:
-
Microsoft Outlook: CVE-2023-23397 - Microsoft Outlook Elevation of Privilege Vulnerability: A explotación produciríase automaticamente cando unha mensaxe maliciosa fose procesada polo cliente Outlook sen necesidade de intervención do usuario, mesmo antes de que o correo electrónico se vexa no panel de vista previa.
-
Windows SmartScreen: CVE-2023-24880, vulnerabilidade Zero Day cunha CVSS de 9.8. Esta vulnerabilidade provoca que un arquivo malicioso procedente da internet poida ser tratado como un arquivo de confianza.
Sistemas afectados:
-
Windows 8.1
-
Windows 10
-
Windows 11
-
Windows Server 2008
-
Windows Server 2012
-
Windows Server 2016
-
Windows Server 2019
-
Windows Server 2022
Debido ao alto risco que supoñen estas vulnerabilidades recoméndase actualizar os sistemas segundo as indicacións que proporciona o fabricante.