Alertas e avisos

Opcións avanzadas
Nivel de alerta
Crítico

Identificouse unha vulnerabilidade crítica en PAN-OS que pode permitir a atacantes non autenticados provocar reinicios en bucle en dispositivos firewall, xerando interrupcións do servizo e perda temporal das capacidades de inspección de tráfico

Nivel de alerta
Crítico

Identificouse unha vulnerabilidade crítica de Zero-Day en Dell RecoverPoint for Virtual Machines que está a ser explotada desde, polo menos, mediados de 2024.

Nivel de alerta
Crítico

Identificouse unha vulnerabilidade crítica en solucións self-hosted de BeyondTrust que está a ser explotada activamente.

Nivel de alerta
Crítico

Detectouse unha vulnerabilidade crítica no plugin WPvivid Backup & Migration para WordPress que podería afectar a máis de 800.000 sitios web.

Nivel de alerta
Alto

Detectouse unha extensión maliciosa para Google Chrome denominada “CL Suite by CLMasters” que suplanta funcionalidades relacionadas coa verificación e xeración de códigos 2FA para Meta Business Suite

Nivel de alerta
Crítico

Publicáronse actualizacións de seguridade para múltiples produtos de Fortinet que corrixen vulnerabilidades críticas con potencial impacto na integridade, confidencialidade e dispoñibilidade dos sistemas corporativos.

Nivel de alerta
Crítico

Confirmouse a explotación activa da vulnerabilidade crítica CVE 2026 23760 que afecta a SmarterMail en versións anteriores á Build 9511 publicada o 15 de xaneiro de 2026

Nivel de alerta
Crítico

Apple corrixiu unha vulnerabilidade crítica de tipo zero-day que estaba a ser explotada en ataques dirixidos. A falla afecta ao compoñente dyld do sistema e permite a execución arbitraria de código. Recoméndase actualizar de inmediato os dispositivos

Nivel de alerta
Crítico

F5 publicou a súa Quarterly Security Notification de febreiro de 2026, na que se corrixen varias vulnerabilidades e exposicións de seguridade que afectan a BIG-IP, NGINX e compoñentes asociados, incluídos servizos en contornos contedorizados

Nivel de alerta
Alto

Publicáronse actualizacións de seguridade para OpenSSL que corrixen múltiples vulnerabilidades, entre elas unha de alta severidade que pode permitir a execución remota de código en determinadas condicións