Detectouse unha vulnerabilidade que afecta a varios produtos de seguridade de Trend Micro. De ser explotada, podería permitir a un ciberdelincuente que previamente obtivese acceso á consola de administración do produto, executar código arbitrario con privilexios.
ZDI publicou 4 vulnerabilidades: 3 de severidade alta e unha de severidade crítica, a cal permite a atacantes remotos executar código arbitrario nas instalacións afectadas de Exim.
Descubriuse unha vulnerabilidade crítica en distintas versións de Adobe Acrobat que pon en risco os equipos nos que está instalado, polo que se recomenda a súa actualización urxente.
Descubriuse unha vulnerabilidade crítica en distintas versións de Adobe Acrobat que pon en risco os equipos nos que está instalado, polo que se recomenda a súa actualización urxente.
Versións:
Descubriuse unha vulnerabilidade que permitiría que un atacante remoto tome o control dos dispositivos afectados mediante o envío de peticións especialmente conformadas para provocar un desbordamento de búfer, o que lle daría a capacidade de executar código arbitrario.
Veñen de facerse públicas nove vulnerabilidades, catro delas críticas, que afectan a distintos modelos de switches de Cisco. Trátase de posibles desbordamentos de buffer que permitirían ataques remotos de denegación de servizo ou mesmo execución de código arbitrario nos dispositivos.
Os modelos afectados son os seguintes:
Ven de detectarse unha vulnerabilidade grave nun plugin moi utilizado no servizo WordPress (Advanced Custom Fields e Advanced Custom Fields Pro) que permitiría ataques de Cros Site Scripting (XSS).
A pesar de que as condicións de explotación da vulnerabilidade non permiten que o ataque poida ser iniciado por calquera que acceda ao sitio web sen iniciar sesión cos privilexios adecuados, en previsión doutras posibilidades recoméndase a actualización, que xa está disponible, de maneira inmediata.
O CCN-CERT avisa de que están a chegar ao seu coñecemento unha serie de incidentes con dous factores comúns: o ransomware Blackcat e o acceso ás redes obxectivo utilizando credenciais lexítimas obtidas mediante o compromiso de contas utilizadas por provedores de servizos.
Blackcat é unha familia de malware que se ofrece como ‘Ransomware as a Service’, é dicir, foi desenvolto por un individuo ou grupo criminal que o vende a terceiros para que sexan eles quen o exploten.