CANDO NAVEGO POR INTERNET NON DEIXAN DE APARECERME COOKIES QUE É ISO?

Cando falamos de datos persoais, non se trata unicamente do nome, apelido, DNI, dirección, etc. Entre os datos persoais tamén se atopan os recolleitos polas cookies. As cookies ou “galletas” permiten que os sitios webs lembren información sobre a túa visita. Ao aceptalas estamos a consentir que ese sitio garde datos como o idioma do noso navegador, a información das procuras, datos da nosa localización, etc. A finalidade adoita ser adecuar a publicidade ás nosas preferencias e hábitos na web.