Como regra xeral non é segura ningunha wifi que non teña clave. As wifis públicas ou abertas permiten que nos podamos conectar nós, pero tamén moitas outras persoas que non coñecemos. Nestes casos os nosos datos son enviados sen ningún tipo de protección, polo que os nosos contrasinais ou usuarios están expostos a calquera persoa con certos coñecementos informáticos.