Os smartwatchs atópanse permanentemente recompilando datos da persoa que os leva e podería supoñer un risco se esta información caese nas mans inapropiadas. Busca aquel que che ofreza garantías de seguridade e privacidade, revisa as opcións de privacidade da aplicación coa que se sincroniza e as configuracións do dispositivo, xa que ás veces non traen por defecto a configuración máis recomendada. Activa tantas proteccións como sexa posible (PIN ou patrón de desbloqueo, bloqueo en caso de extracción, etc.). E por suposto, non esquezas protexer o teu teléfono intelixente xa que estes dispositivos normalmente funcionan xuntos intercambiando datos.