Blindando as PEMES: Laboratorio e centro demostrador de ciberseguridade en produtos con elementos dixitais da Xunta de Galicia

09:00 - 13:30

Presencial (Centro GaiásTech - Cidade da Cultura, Santiago de Compostela)
Imaxe

Esta xornada nace coa misión de fortalecer a resiliencia do tecido empresarial galego fronte ás ameazas do contorno dixital. Nun momento de transformación tecnolóxica acelerada, este evento persegue tres obxectivos estratéxicos:

  • Concienciación Práctica: Superar a barreira da teoría mediante exercicios reais de suplantación de identidade, amosando como funcionan os ataques na actualidade e como as empresas poden identificalos antes de que sexa tarde

  • Capacitación Normativa (Directiva NIS2): Descodificar o impacto real da nova normativa europea nas pemes galegas, proporcionando as claves, medidas de cumprimento e recursos necesarios para adaptarse ás novas esixencias legais de seguridade.

  • Conexión e Colaboración: Consolidar o Laboratorio e centro demostrador de ciberseguridade en produtos con elementos dixitais da Xunta de Galicia como o aliado estratéxico das empresas, creando un espazo de networking onde compartir medos, experiencias e solucións técnicas entre o sector público, expertos en ciberseguridade e o ecosistema empresarial.

 

Programa:

9:00 a 9:30 Recepción e rexistro asistentes – Café

9:30 a 9:45 Benvida institucional

  • Damián Rey Rodríguez. Director da Amtega

9:45 a 9:50 Presentación axenda xornada.

  • Manuel Ángel Alonso. Director Territorial de Telefónica Territorio Norte.

9:50 a 10:30 Exercicio real de suplantación | “A trampa perfecta: así funciona unha suplantación real”

  • Jose Luis Fueyo, Consultor en Proofpoint.

10:30 a 11:00 Introdución ao mundo da ciberseguridade | “Realidade e futuro da ciberseguridade na PEME”

  • Maria Rodríguez Castro. Consultora de Ciberseguridade de Telefónica

11:00 a 11:30 CiberCafé: Intercambio de experiencias entre PEMEs

11:30 a 12:30 Descodificando a NIS2 | “Impacto real no tecido empresarial”

  • Jaume Bigas Vence. Formador Proxecto Concienciación para PEMES. AMTEGA

12:30 13:30 Mesa redonda | “E agora que? Riscos e oportunidades”

  • Modera:  Maria Rodríguez Castro. Consultora de Ciberseguridade de Telefónica
  • Ponentes:
    • Ana Alonso: Vicedirectora Xeral en CITIC HIC Gándara Censa
    • Diana Fajardo: Fotógrafa
    • Cristina Segade Rodriguez: C.M Galanas S.L. 

13:30 Xantar: Ciber & Tapas: Tecendo alianzas.

Información relacionada