Desde o Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) ponse ao dispor da cidadanía un curso gratuíto en modalidade presencial sobre seguridade en IoT, coa finalidade de ensinar habilidades de White Hat Hacker para a realización de avaliacións de vulnerabilidade e risco.
Estas formacións e certificacións gratuítas forman parte do investimento que fai a Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade no marco do proxecto do Centro de Innovación e Competencia en Ciberseguridade no contexto do Programa RETECH. No proxecto do Centro participan as comunidades de Galicia, Cataluña e Valencia, estando liderado desde a rexión galega pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
A continuación, detállase a información relativa ao curso:
Ademais deste curso, o CNTG dispón dun amplo abanico de cursos para diferentes tecnoloxías. Podes consultar a programación completa na seguinte ligazón: https://cntg.xunta.gal/web/cntg/cursos