A Amtega estará presente en SEDEXPO 2025 para poñer en valor a Rede de laboratorios e centros demostradores para a investigación e innovación en solucións de ciberseguridade de Galicia no marco do programa Retech

Imaxe

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia estará presente na terceira edición da Feira Internacional de Seguridade, Defensa e Emerxencias (SEDEXPO), que se celebrará do 26 ao 28 de marzo no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA, en Silleda (Pontevedra).

Este evento reunirá a empresas, institucións e expertos do sector para presentar as últimas innovacións tecnolóxicas, fomentar o coñecemento e a cultura de seguridade e defensa na sociedade, e destacar a importancia da seguridade en todos os ámbitos.

Así, no ámbito da seguridade da información, a Amtega, acompañada polo Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG) e Gradiant, presentarán o proxecto da Rede de laboratorios e centros demostradores para a investigación e innovación en solucións de ciberseguridade de Galicia, no que tamén colaboran a Universidade de Vigo e o ITG – Centro Tecnolóxico Nacional. Este proxecto é parte da iniciativa RETECH, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, co financiamento dos Fondos Next Generation-EU.

As tres entidades que acoden presencialmente á feira darán a coñecer na súa caseta común os obxectivos perseguidos no proxecto da rede de laboratorios e, na súa área expositiva, presentarán as súas principais iniciativas e solucións en materia de ciberseguridade. Amtega, xunto aos seus colaboradores Gradiant e CTAG, ofrecerá diversas charlas sobre a importancia da ciberseguridade e a implementación de tecnoloxías que garantan a máxima seguridade para os usuarios nos seguintes horarios:

  • Charla -> A rede de laboratorios e centros demostradores para a investigación e innovación en solucións de ciberseguridade en Galicia (imparte Amtega):
    • Mércores 26 e xoves 27 ás 12:30h
       
  • Charla -> Ciberseguridade no sector da Automoción: a UNR155 (imparte CTAG):
    • Mércores 26 e xoves 27 ás 12:45h
       
  • Charla -> Ciberseguridade en redes e servizos 5G (imparte Gradiant):
    • Mércores 26 e xoves 27 ás 13:00h
       
  • Charla -> Vectores de ataque nos Sistemas de Movilidad Intelixente (imparte CTAG): 
    • Mércores 26 e xoves 27 ás 16:00h
       
  • Charla -> Ciberseguridade en redes de control industrial (imparte Gradiant):
    • Mércores 26 e xoves 27 ás 16:15h