No mes de xuño darán inicio novas formacións gratuítas de ciberseguridade no marco da programación 2024-2025 do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG), das cales achegamos a información xeral de cada unha delas a continuación.
Seguridade intelixente con Microsoft Sentinel: Configuración e automatización avanzada
- Obxectivos: Aprenderás a crear e configurar unha área de traballo en Microsoft Sentinel, ademais de implementar unha solución de centro de contido. Tamén configurarás regras de análises e automatización en Microsoft Sentinel, optimizando a seguridade e xestión de ameazas na túa contorna.
- Período de inscrición: 19/05/2025 - 02/06/2025
- Horario: O 03/06/2025 de 16:30 a 20:30 horas.
- Número de prazas: 230
- Período de docencia: 03/06/2025 - 03/06/2025
- Duración: 4 horas
- Metodoloxía: Presencial
- Dirixido a:
- Analistas técnicos e do negocio.
- Análise de operacións de seguridade.
- Administradores/as IT.
SystemD de 0 a 99
- Obxectivos: O obxectivo do seminario é entender en profundidade o funcionamento práctico de SystemD, así como as múltiples ferramentas proporcionadas, para poder controlar calquera distribución de Linux que o utilice: Debian, Ubuntu, Red Hat, distribucións derivadas das anteriores, e moitas outras máis.
- Período de inscrición: 19/05/2025 - 02/06/2025
- Horario: O 03/06/2025 de 10:00 a 14:00 horas.
- Número de prazas: 230
- Período de docencia: 03/06/2025 - 03/06/2025
- Duración: 4 horas
- Metodoloxía: Presencial
- Coñecementos previos necesarios: nivel principiante, intermedio ou avanzado.
- Máis información: Xornadas - Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia
Seguridade en kubernetes
- Obxectivos: Neste seminario abordase temas esenciais sobre seguridade en clusters de kubernetes
- Período de inscrición: 19/05/2025 - 03/06/2025
- Horario: O 04/06/2025 de 16:30 a 20:30 horas.
- Número de prazas: 30
- Período de docencia: 04/06/2025 - 04/06/2025
- Duración: 4 horas
- Metodoloxía: Presencial
- Dirixido a: Técnicos e administradores de sistemas informáticos, programadores, con coñecementos previos necesarios, nivel principiante e intermedio.
- Máis información: Xornadas - Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia
Seguridade e redes con VMware NSX
- Obxectivos: Proporcionar ás persoas participantes unha comprensión integral e práctica de VMware NSX, cubrindo desde os conceptos básicos ata a implementación e configuración inicial. A través de sesións dedicadas á seguridade, xestión e monitorización de redes, os asistentes aprenderán a utilizar NSX para mellorar a infraestrutura de redes e seguridade. O seminario abordará os principios de seguridade, segmentación e microsegmentación, configuración de políticas de seguridade e a integración con solucións de seguridade externas, ademais de ferramentas de xestión e monitorización para optimizar o rendemento e asegurar a rede.
- Período de inscrición: 19/05/2025 - 04/06/2025
- Horario: O 05/06/2025 de 16:30 a 20:30 horas.
- Número de prazas: 230
- Período de docencia: 05/06/2025 - 05/06/2025
- Duración: 4 horas
- Metodoloxía: Presencial
- Dirixido a: Administradores/as de redes e sistemas, enxeñeiros/as de seguridade de TI, consultores/as de TI, arquitectos/as de solucións, técnicos de soporte e xerentes de TI. Estes profesionais son responsables da configuración, mantemento e xestión de redes e sistemas virtualizados, e buscan fortalecer a seguridade e optimizar a infraestrutura de rede mediante o uso de VMware NSX.
- Máis información: Xornadas - Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia
Recordamos tamén que quedan aínda prazas dispoñibles no curso:
Cisco CCNA Cyberops Associate
- Obxectivos: Unha vez rematado o curso, o alumnado adquirirá os coñecementos necesarios para: Comprender os principios, roles e responsabilidades involucrados nas operacións de ciberseguridade, así como as tecnoloxías, ferramentas, regulacións e estándares dispoñibles; describir vulnerabilidades e ameazas comúns en dispositivos de usuario e infraestruturas de rede; demostrar habilidades fundamentais aplicadas ao seguimento, detección, investigación, análise e resposta a incidentes de seguridade; clasificar eventos intrusivos segundo categorías definidas por modelos de seguridade e establecer accións defensivas; realizar con éxito as tarefas, deberes e responsabilidades dun analista de seguridade de nivel asociado nun Centro de Operacións de Seguridade (SOC).
- Período de inscrición: 31/03/2025 - 13/04/2025
- Horario: De luns a venres de 16:30 a 20:30 horas. Clases presenciais: 26, 27, 28 de maio; 2, 4, 5, 9, 12, 16, 19 de xuño Clases virtuais: 29, 30 de maio; 3, 6, 10, 11, 13, 17, 18, 20 de xuño.
- Número de prazas: 20 (Mínimo 10)
- Período de docencia: 26/05/2025 - 20/06/2025
- Duración: 80 horas (40h presenciais, 40h virtuais)
- Metodoloxía: Presencial + virtual
- Dirixido a: profesionais de IT (enxeñeiras/os de Networking, administradoras/es de rede, etc.) que queiran iniciarse no tema da ciberseguridade, aumentando o seu coñecemento e experiencia nesta área de demanda crecente e nos procedementos empregados nun Centro de Operacións de Seguridade -SOC
- Máis información: Xornadas - Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia