Apertura de inscrición para dous novos cursos gratuítos de ciberseguridade ata o 17 de abril

Imaxe

Nos vindeiros meses desenvolveranse dúas novas accións formativas gratuítas especializadas en ciberseguridade, orientadas á xestión da seguridade da información e ás operacións de ciberseguridade en contornas empresariais e centros SOC.

Curso ISACA Certified Information Security Manager (CISM)

Este curso está orientado á preparación da certificación internacional CISM de ISACA, unha das acreditacións máis recoñecidas a nivel mundial para responsables e xestores/as da seguridade da información. Ao longo da formación abordarase o goberno da seguridade da información, a xestión de riscos, o desenvolvemento de programas de seguridade e a resposta ante incidentes.

Os obxectivos deste curso son:

  • Comprender o papel do goberno da seguridade da información nas organizacións.
  • Identificar requisitos legais, normativos e contractuais relacionados coa seguridade.
  • Aplicar estratexias de avaliación e mitigación de riscos.
  • Deseñar e manter programas de seguridade da información eficaces.
  • Analizar procesos de resposta ante incidentes e recuperación ante desastres.

Dirixido a:
Xerentes e responsables de seguridade da información, consultores/as TIC, auditores/as, CISOs, responsables de privacidade, administradores/as de rede e profesionais de ciberseguridade con experiencia previa no ámbito técnico.

Información xeral do curso:

  • Metodoloxía virtual.
  • Número de prazas 20 (mínimo 10).
  • Período de inscrición: do 1 ao 17 de abril de 2026
  • Unha vez finalizado o prazo de inscrición, o 21 de abril de 2026 ás 18:30h realizarase unha proba de selección presencial no CNTG en Santiago de Compostela, que constará dunha proba técnica.
  • A duración do curso será de 30 horas de formación en liña.
  • O curso desenvolverase do 18 ao 27 de maio de 2026, cun horario de luns a xoves de 16:30 a 20:30 h e venres de 16:30 a 18:30 h

Máis información en: ISACA Certified Information Security Manager (CISM) - CNTG

 

Curso Cisco CCNA CyberOps Associate

Este curso ofrece formación especializada en operacións de ciberseguridade, preparando o alumnado para desempeñar funcións de analista de seguridade de nivel inicial en Centros de Operacións de Seguridade (SOC). O contido céntrase na detección, análise e resposta a incidentes de seguridade en contornas reais.

Os obxectivos deste curso son:

  • Comprender os principios e responsabilidades das operacións de ciberseguridade.
  • Identificar vulnerabilidades e ameazas en dispositivos e redes.
  • Desenvolver habilidades para a monitorización e análise de incidentes.
  • Clasificar eventos de seguridade e aplicar medidas defensivas.
  • Prepararse para o exame oficial CBROPS de Cisco.

Dirixido a:
Profesionais de IT (administradores/as de sistemas e redes, enxeñeiros/as de networking, técnicos/as TIC) que desexen iniciarse ou reforzar os seus coñecementos en ciberseguridade operativa.

Información xeral do curso:

  • Metodoloxía: presencial + virtual (aula síncrona)
  • Número de prazas: 20 prazas (mínimo 10).
  • Período de inscrición: do 1 ao 17 de abril de 2026
  • Unha vez finalizado o prazo de inscrición, o 22 de abril de 2026 ás 18:30h realizarase unha proba de selección presencial no CNTG en Santiago de Compostela, que constará dunha proba técnica.
  • A duración do curso será de 80 horas (36h presenciais, 44h virtuais).
  • O curso desenvolverase do 25 de maio ao 19 de xuño de 2026, de luns a venres de 16:30 a 20:30h. Clases presenciais: 25, 26, 27 de maio; 1, 3, 8, 10, 15, 17 de xuño . Clases virtuais: 28, 29 de maio; 2, 4, 5, 9, 11, 12, 16, 18, 19 de xuño.
  • Inclúe exame oficial “Understanding Cisco Cybersecurity Operations Fundamentals (CBROPS)”

Máis información en: Cisco CCNA Cyberops Associate - CNTG

Estas formacións ofrecen diploma de asistencia e a opción gratuíta dun exame de certificación oficial.

Estas formacións realízanse no marco da oferta formativa do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG), dependente da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia, e están dirixidas tanto a persoas ocupadas como desempregadas interesadas en especializarse nun sector estratéxico cunha alta demanda de profesionais cualificados.

 

Cursos con prazas dispoñibles

Ademais, o CNTG conta aínda con prazas dispoñibles nas seguintes accións formativas gratuítas especializadas en ciberseguridade e tecnoloxías dixitais:

Se estás interesado/a en cursar algún destes cursos con prazas dispoñibles, remite un correo a tecnico.cnt [at] xunta.gal (tecnico[dot]cnt[at]xunta[dot]gal) co teu nome, apelidos, DNI, enderezo electrónico, teléfono, indicando se es persoa DESEMPREGADA, AUTÓNOMA OU TRABALLADORA POR CONTA ALLEA, e nese caso o nome da empresa ou organismo no que traballas, e o nome do curso. Asígnanse as prazas por orden de chegada das solicitudes.