Apertura de inscrición para novos cursos gratuítos de ciberseguridade ata o 22 de febreiro

Imaxe

Nos meses de marzo e abril darán inicio seis novas formacións gratuítas de ciberseguridade, e de seguido se achega a información xeral de cada unha delas. 

 

Curso de Goberno en Ciberseguridade

 

Ofrece profundos coñecementos sobre os fundamentos e goberno da ciberseguridade, arquitecturas, políticas, estratexia e estándares, análises e xestión de riscos, marco normativo, operativa de ciberseguridade, infraestruturas críticas, ciberinteligencia, xestión de incidentes, boas prácticas e soft skills da figura do/a Director/a de Seguridade da Información. Os obxectivos deste curso son:

  • Adquirir coñecementos sólidos en goberno, xestión de riscos e cumprimento legal en ciberseguridade.

  • Desenvolver habilidades técnicas en análises de vulnerabilidades, criptografía, hacking ético e resposta a incidentes.

  • Fortalecer competencias estratéxicas e operativas para liderar a ciberseguridade en entronos complexos e críticos.

 

Información xeral do curso:

  • Metodoloxía virtual. 

  • Número de prazas limitado a 16 (mínimo 10).

  • Unha vez finalizado o prazo de inscrición, o 18 de febreiro ás 18:30 h realizarase unha proba de selección presencial no CNTG en Santiago de Compostela, que constará dunha proba técnica.

  • A duración do curso será de 46 horas. 

  • O curso desenvolverase do 2 ao 25 de marzo, cun horario de luns a mércores de 16:00 a 20:00 horas.

  • Este curso facilita opción gratuita dun exame de certificación oficial e diploma de asistencia.

     

Máis información en: Curso de Goberno en Ciberseguridade - CNTG - Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia

 

Formación en Hacking Ético e Certificación Red Team Certified Professional

 

Trátase dunha completa formación en Hacking Ético que contén os seguintes módulos: Hacking en Sistemas, Entrenamiento Hacking Ético (Vol.1 e Vol.2) , Hacking Ético Web, Hacking Windows Vol.1 e Vol.2)  e Exame de certificación RTCP (Red Team Certified Professional). 

O obxectivo deste curso é facilitar ao alumnado puntos de partida sólidos en Hacking Ético, tanto a nivel sistemas en xeral (Windows ou UNIX), web, así como un alto nivel de especialización en ataques a redes Microsoft modernas. 

 

Información xeral do curso:

  • Metodoloxía virtual. 

  • Número de prazas limitado a 20 prazas (mínimo 10).

  • Unha vez finalizado o prazo de inscrición, o 18 de febreiro ás 17:30 h realizarase unha proba de selección presencial no CNTG en Santiago de Compostela, que constará dunha proba técnica.

  • A duración do curso será de 120 horas. 

  • O curso desenvolverase do 2 de marzo ao 21 de maio de luns a xoves de 16:00 a 21:00 horas nas seguintes datas: 

    • Marzo: os días 2 a 5, 16 a 20

    • Abril: 6 a 9 e 20 a 23 

    • Maio: 4 a 7 e 18 a 21

  • Este curso facilita opción gratuita dun exame de certificación oficial e diploma de asistencia. O exame de certificación presencial realizarase o 9 de xuño de 14:00 a 22:00 horas.

     

Máis información en: Formación en Hacking Ético e Certificación Red Team Certified Professional - CNTG - Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia

 

Certified Secure Software Lifecycle Professional (CSSLP) - ISC2

 

O curso recoñece as habilidades líderes en seguridade de aplicacións. Algúns dos obxectivos do curso son:

  • Comprender e aplicar os conceptos de avaliación de riscos, análises de riscos, clasificación de datos e concienciación en materia de seguridade, e Implementar a xestión de riscos e os principios utilizados para apoiala.

  • Comprender as estruturas, os métodos de transmisión, os formatos de transporte e as medidas de seguridade utilizadas para proporcionar confidencialidade, integridade e dispoñibilidade ás transmisións a través de redes e medios de comunicación públicos e privados, e identificar os riscos que poden medirse cuantitativa e cualitativamente para apoiar a creación de casos empresariais que impulsen a seguridade proactiva na empresa.

 

Información xeral do curso:

  • Metodoloxía virtual. 

  • Número de prazas limitado a 16 prazas (mínimo 10).

  • Unha vez finalizado o prazo de inscrición, o 18 de febreiro ás 16:30 h realizarase unha proba de selección presencial no CNTG en Santiago de Compostela, que constará dunha proba técnica.

  • A duración do curso será de 35 horas. 

  • O curso desenvolverase do 2 ao 12 de marzo co seguinte horario: de luns a venres de 17:00 a 20:30 horas.

  • O material didactico e o exame de certificación están dispoñibles en inglés.

Máis información en: Certified Secure Software Lifecycle Professional (CSSLP) - ISC2 - CNTG - Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia

 

Curso Pentesting e Red Team para a certificación OSCP

 

A formación en hacking ético, as metodoloxías de pentesting e a formación Red Team ten como obxectivo preparar ao alumnado para a certificación OSCP, cunha base teórica e unha aplicación 100 % práctica baseada en laboratorios e escenarios do mundo real. A formación inclúe o acceso aos laboratorios OSCP da OFSEC e o alumnado poderá realizar o exame de certificación oficial. Algúns obxectivos deste curso son:

  • Propoñer unha abordaxe didáctica: 80 % de aprendizaxe práctica; 20 % de presentacións teóricas curtas. Isto ten como obxectivo garantir que o alumnado poida completar con éxito a certificación OSCP. Isto require unha abordaxe moi práctica e desafiante.

  • Definir e desenvolver un plan didáctico con sesións teóricas, prácticas de laboratorio, titoría e apoio ao alumnado durante a súa estancia nos laboratorios OFFSEC.

  • Módulos secuenciados de teoría, demostracións e práctica individual/en grupo.

  • Definir as directrices e as mellores estratexias para executar exercicios de RedTeam e Ethical Hacking, todo iso apoiado en metodoloxías e estándares internacionais.

 

Información xeral do curso:

  • Metodoloxía virtual. 

  • Número de prazas limitado a 20 prazas (minimo 10).

  • Unha vez finalizado o prazo de inscrición, o 24 de febreiro ás 17:30 h realizarase unha proba de selección presencial no CNTG en Santiago de Compostela, que constará dunha proba técnica.

  • A duración do curso será de 30 horas. 

  • O curso desenvolverase do 9 de marzo ao 8 de xuño de luns a mércores de 16:00 a 19:00 horas nas seguintes datas:

    • Do 9 ao 11 de marzo

    • Do 13 ao 15 de abril

    • Do 25 ao 27 de maio

    • O 8 de xuño.

  • Este curso facilita opción gratuita dun exame de certificación oficial (OFFENSIVE SECURITY CERTIFIED PROFESSIONAL en inglés) e diploma de asistencia.

Máis información en: Pentesting e Red Team para a certificación OSCP - CNTG - Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia

 

Certified Computer Hacking Forensic Investigator (CHFI)

 

O curso proporciona aos/as seus/suas asistentes unha sólida comprensión da ciencia forense dixital, presentando un enfoque detallado e metodolóxico da mesma e unha análise de evidencias que vira contorna á Dark Web, IoT e Cloud Forensics. Algúns obxectivos deste curso son:

  • Desempeñar un papel activo na investigación e conservación de probas dixitais e non dixitais dun ataque.

  • Contrarrestar a serie de compromisos.

  • Utilizar intelixencia de ameazas para anticipar e alertar aos equipos cibernéticos en caso de futuros ataques.

 

Información xeral do curso:

  • Metodoloxía virtual. 

  • Número de prazas limitado a 20 prazas (mínimo 10).

  • Unha vez finalizado o prazo de inscrición, o 24 de febreiro ás 16:30 h realizarase unha proba de selección presencial no CNTG en Santiago de Compostela, que constará dunha proba técnica.

  • A duración do curso será de 48 horas. 

  • O curso desenvolverase do 9 ao 23 de marzo de luns a xoves de 16:00 a 21:00 horas e os venres de 16:00 a 20:00 horas.

  • Este curso facilita opción gratuita dun exame de certificación oficial e diploma de asistencia. Exame de certificación incluído: 312-49 EC-Council Certified Computer Hacking.

Máis información en: Certified Computer Hacking Forensic Investigator (CHFI) - CNTG - Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia

 

Especialización en Protección de Datos

 

O curso outorga unha especialización profesional en materia de privacidade desde unha perspectiva xurídica, técnica e organizativa. Abórdase a normativa vixente no contexto nacional, o novo marco europeo e internacional e profúndase sobre os fundamentos que rexen a seguridade da información. Algúns obxectivos deste curso son:

  • Enriquecer os coñecementos e habilidades dos/as profesionais que actúen como asesores/as en materia de protección de datos de carácter persoal.

  • Adquirir os coñecementos teórico-prácticos para a aplicación da nova lei de Protección de Datos.         

  • Coñecer as novidades, aspectos relevantes e casos prácticos sobre a nova lei Orgánica de Protección de Datos.

 

Información xeral do curso:

  • Metodoloxía virtual. 

  • Número de prazas limitado a 16 prazas (mínimo 10).

  • Unha vez finalizado o prazo de inscrición, o 24 de febreiro ás 18:30 h realizarase unha proba de selección presencial no CNTG en Santiago de Compostela, que constará dunha proba técnica.

  • A duración do curso será de 60 horas. 

  • O curso desenvolverase do 6 de abril ao 26 de maio co seguinte horario: de luns a martes de 16:00 a 20:00 horas.

  • Este curso facilita opción gratuita dun exame de certificación oficial e diploma de asistencia. Exame de certificación oficial ‘Certified Data Privacy Professional (CDPP)’ tipo test, en liña e en castelán.

Máis información en: Especialización en Protección de Datos - CNTG - Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia

 

Todas estas formacións inclúen o diploma de asistencia e a opción gratuíta dun exame de certificación oficial.

Estas formacións gratuítas forman parte do investimento que fai a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración no marco do proxecto do Centro de Innovación e Competencia en Ciberseguridade, no contexto do Programa RETECH. No proxecto do Centro participan as comunidades de Galicia, Cataluña e Valencia, estando liderado desde a rexión galega pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).