Nos próximos meses desenvolveranse novas formacións gratuítas especializadas en ciberseguridade aplicada ao sector da mobilidade e da automoción. A continuación achégase a información xeral de tres cursos centrados na protección dos vehículos conectados, as frotas de vehículos e as infraestruturas asociadas.
Estas formacións realízanse no marco do proxecto denominado “Centro de innovación e competencia en ciencias da saúde, transporte intelixente, industria conectada e excelencia operativa” – Proxecto RETECH CCAA, financiado ao 75% polo INCIBE con cargo aos fondos NextGenerationEU provenientes do mecanismo MRR e nun 25% con fondos propios da Comunidade Autónoma.
Curso de Ciberseguridade para Vehículos Eléctricos
Este curso ofrece formación especializada sobre os riscos, requisitos normativos e boas prácticas de ciberseguridade aplicadas aos vehículos eléctricos de diferentes categorías e ás súas infraestruturas de carga. A formación estrutúrase en seis módulos audiovisuais exclusivos, complementados con titorías personalizadas, documentación clave e material adicional.
Os obxectivos deste curso son:
Dirixido a:
Talleres, certificadoras, aseguradoras, peritos, xestores de frotas, empresas de compoñentes e cargadores, fabricantes de vehículos, centros de investigación, desenvolvedores de software do sector da mobilidade electrificada e Servizos Técnicos Homologadores.
Información xeral do curso:
Metodoloxía virtual.
Número de prazas 10 (mínimo 10).
Período de inscrición: do 16 de marzo ao 5 de abril de 2026.
Unha vez finalizado o prazo de inscrición, o 7 de abril de 2026 ás 18:30h realizarase unha proba de selección presencial no CNTG en Santiago de Compostela, que constará dunha proba técnica.
A duración do curso será de 30 horas de formación en liña.
O curso desenvolverase do 1 ao 9 de xuño de 2026, cun horario de luns a xoves de 16:00 a 21:00 horas.
Máis información en: Cursos - Curso de Ciberseguridade para Vehículos Eléctricos - CNTG
Curso de Ciberseguridade nas Frotas de Vehículos
Este curso ofrece formación especializada sobre os principais riscos de ciberseguridade asociados ás frotas de vehículos conectados. Ao longo de seis módulos audiovisuais exclusivos, o alumnado explorará os principais vectores de ataque que afectan ás frotas, así como os requisitos normativos e estándares aplicables e as mellores prácticas para protexer a comunicación, a telemetría, os dispositivos embarcados e a infraestrutura dixital asociada. A formación complétase con informes especializados, documentación clave, material adicional e titorías personalizadas.
Os obxectivos deste curso son:
Coñecer a tecnoloxía que implementan os vehículos conectados que forman parte dunha frota e os ciber-riscos aos que expoñen tanto aos pasaxeiros como ás organizacións ás que pertencen.
Comprender como integrar a ciberseguridade nas frotas de vehículos e nos sistemas de xestión de frotas (SGF), así como os cambios e melloras que deben aplicarse nas organizacións e nos propios vehículos.
Coñecer a lexislación de ciberseguridade aplicada aos vehículos e analizar o obxectivo do Test EUROCYBCAR e da metodoloxía ESTP, así como o seu impacto nos vehículos conectados.
Dirixido a:
Profesionais de empresas de renting, leasing ou vehículo compartido, xestores de frotas, desenvolvedores de dispositivos de xestión e aplicacións de mobilidade, peritos, responsables do parque móbil de corpos policiais, empresas de mensaxería e paquetería, talleres especializados en frotas de vehículos e CISOs que desexen especializarse no sector da automoción e da mobilidade.
Información xeral do curso:
Metodoloxía virtual.
Número de prazas: 14 prazas (mínimo 10).
Período de inscrición: do 16 de marzo ao 5 de abril de 2026.
Unha vez finalizado o prazo de inscrición, o 7 de abril de 2026 ás 17:30h realizarase unha proba de selección presencial no CNTG en Santiago de Compostela, que constará dunha proba técnica.
A duración do curso será de 15 horas de formación en liña.
O curso desenvolverase do 18 ao 21 de maio de 2026 de luns a mércores de 16:30 a 20:30 horas e xoves de 16:30 a 19:30 horas.
Máis información en: Cursos - Curso de Ciberseguridade nas Frotas de Vehículos - CNTG
Curso Normativa de Ciberseguridade para Vehículos UNECE/R155
Este curso ofrece formación especializada sobre a normativa de ciberseguridade UNECE/R155 e o seu impacto na industria da automoción e da mobilidade. A formación estrutúrase en seis módulos audiovisuais exclusivos que se complementan con informes especializados, documentación clave, material adicional e titorías personalizadas.
Os obxectivos deste curso son:
Concienciar sobre a importancia de manter boas prácticas de ciberseguridade nos vehículos.
Coñecer a tecnoloxía que implementan os vehículos conectados e os ciber-riscos aos que están expostos os seus usuarios.
Analizar en profundidade a normativa UNECE/R155 e comprender o impacto da súa entrada en vigor no sector da automoción.
Dirixido a:
Fabricantes de vehículos e compoñentes, usuarios, xestores de frotas, aseguradoras, peritos, talleres de mecánica, carroceros, transformadores, concesionarios, formadores, consultores, analistas, investigadores, xornalistas, comunicadores, administracións públicas e organismos reguladores.
Información xeral do curso:
Metodoloxía virtual.
Número de prazas: 17 prazas (mínimo 10).
Período de inscrición: do 16 de marzo ao 5 de abril de 2026.
Unha vez finalizado o prazo de inscrición, o 7 de abril de 2026 ás 16:30h realizarase unha proba de selección presencial no CNTG en Santiago de Compostela, que constará dunha proba técnica.
A duración do curso será de 15 horas de formación en liña.
O curso desenvolverase do 20 ao 23 de abril de 2026 co seguinte horario: de luns a mércores de 16:30 a 20:30 horas e xoves de 16:30 a 19:30 horas.
Máis información en: Curso Normativa de Ciberseguridade para Vehículos UNECE/R155 - CNTG
Estas formacións inclúen módulos transversais de igualdade (5 horas) e ofrecen diploma de asistencia e opción gratuíta dun exame de certificación oficial.
Ditas actuacións gratuítas forman parte do investimento que fai a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración no marco do proxecto do Centro de Innovación e Competencia en Ciberseguridade, no contexto do Programa RETECH. No proxecto do Centro participan as comunidades de Galicia, Cataluña e Valencia, estando liderado desde a rexión galega pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).