Apertura do prazo de inscrición para tres novos cursos de ciberseguridade impartidos polo CNTG

Imaxe

Ata o vindeiro 13 de febreiro estará aberto o prazo de inscrición para os cursos gratuítos Certified Secure Software Lifecycle Professional (CSSLP) - ISC2, Formación en Hacking Ético e Certificación Red Team Certified Professional, e Comptia Pentest+.

Estas formacións gratuítas forman parte do investimento que fai a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración no marco do proxecto do Centro de Innovación e Competencia en Ciberseguridade, no contexto do Programa RETECH. No proxecto do Centro participan as comunidades de Galicia, Cataluña e Valencia, estando liderado desde a rexión galega pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

Certified Secure Software Lifecycle Professional (CSSLP) - ISC2

Este curso recoñece as habilidades líderes en seguridade de aplicacións, técnicas avanzadas e os coñecementos necesarios para a autenticación, autorización e auditoría en todo o SDLC. 

Está dirixido especialmente a profesionais do desenvolvemento de software e da seguridade responsables de aplicar as mellores prácticas a cada fase do SDLC - desde o deseño e a implementación do software ata as probas e o despregamento.

Información relevante do curso:

  • Metodoloxía virtual.

  • Número de prazas limitado a 16 prazas.

  • Unha vez finalizado o prazo de inscrición, o 19 de febreiro ás 16:30 realizarase unha proba de selección presencial no CNTG en Santiago de Compostela

  • A duración do curso será de 35 horas. 

  • O curso desenvolverase do 17 ao 28 de marzo, cun horario de luns a venres de 17:00h a 20:30h.

  • A matrícula é gratuíta e inclúe o diploma de asistencia e a opción gratuíta de presentarse ao exame de certificación oficial CSSLP.

Máis información sobre o curso e a inscrición aquí: Certified Secure Software Lifecycle Professional (CSSLP) - ISC2.

Formación en Hacking Ético e Certificación Red Team Certified Professional

Este curso ten como obxectivo facilitar ao alumnado puntos de partida sólidos en Hacking Ético, tanto a nivel sistemas en xeral (Windows ou UNIX), web, así como un alto nivel de especialización en ataques a redes Microsoft modernas. 

Está dirixido especialmente a profesionais do hacking ético, auditoras/es de ciberseguridade ou administradoras/es de sistemas con curiosidade en hacking ético con interese en mellorar as súas cualificacións e especializarse no mundo do Hacking Ético.

Información relevante do curso

  • Metodoloxía virtual.

  • Número de prazas limitado a 20 prazas.

  • Unha vez finalizado o prazo de inscrición, o 19 de febreiro ás 18:30 realizarase unha proba de selección presencial no CNTG en Santiago de Compostela. 

  • A duración do curso será de 128 horas. 

  • O curso desenvolverase cun horario de de 16:00h a 21:00h os seguintes días:

    • Marzo: dos días 3 ao 6, dos días 17 ao 20 e o día 31. 

    • Abril: dos días 1 ao 3 e dos días 21 ao 24. 

    • Maio: dos días 5 ao 8 e dos días 12 ao 15. 

  • A matrícula é gratuíta e inclúe o diploma de asistencia e a opción gratuíta de presentarse ao exame de certificación oficial RTCP: Red Team Certified Professional o 28 de maio de 14:00h a 22:00h de maneira presencial. 

Máis información sobre o curso e a inscrición aquí: Formación en Hacking Ético e Certificación Red Team Certified Professional.

Comptia Pentest+

Neste curso presentaránse os conceptos xerais e as metodoloxías relacionadas coas probas de penetración e o alumnado realizará unha proba de penetración simulada para unha empresa ficticia. 

Está dirixido principalmente a profesionais da ciberseguridade implicados en probas de penetración prácticas para identificar, explotar, informar e xestionar vulnerabilidades nunha rede.

Información relevante do curso:

  • Metodoloxía virtual.

  • Número de prazas limitado a 20 prazas.

  • Unha vez finalizado o prazo de inscrición, o 19 de febreiro ás 19:30 realizarase unha proba de selección presencial no CNTG en Santiago de Compostela.

  • A duración do curso será de 35 horas. 

  • O curso desenvolverase do 3 ao 14 de marzo, cun horario de luns a venres de 16:30h a 20:00h.

  • A matrícula é gratuíta e inclúe o diploma de asistencia e a opción gratuíta de presentarse ao exame de certificación oficial PT0-002 - CompTIA Pentest+ Certification (en inglés).

Máis información sobre o curso e a inscrición aquí: Comptia Pentest+.