Este curso conta cunha duración total de 35 horas, e impartirase de xeito virtual dende o 9 de decembro ata o 20 de decembro de luns a venres en horario de 17:00h a 20:30h.
Cun máximo de 16 prazas ofertadas, esta formación vai dirixida a profesionais da seguridade con experiencia, xerentes e executivos e executivas interesados en demostrar os seus coñecementos nunha amplia gama de prácticas e principios de seguridade, incluídos os que ocupan os seguintes postos:
Este curso proporcionará unha cobertura en profundidade dos oito dominios requiridos para aprobar o exame CISSP:
É preciso realizar a solicitude de inscrición antes do vindeiro 17 de novembro. Dado que as prazas ofertadas son limitadas (máximo 16), farase unha proba de selección o día 20 de novembro ás 16:30h na sede do CNTG (Santiago de Compostela).
Estas formacións gratuítas, forman parte do investimento que fai a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración no marco do proxecto do Centro de Innovación e Competencia en Ciberseguridade no contexto do Programa RETECH. No proxecto do Centro participan as comunidades de Galicia, Cataluña e Valencia, estando liderado desde a rexión galega pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).