En Bos Días da TVG (04/12/2025), André Castelo, experto en dereitos dixitais e director de APDTIC, explicou que o dereito á desconexión dixital está recoñecido na LOPDGDD (Lei Orgánica 3/2018), ao abeiro do RGPD, e que as organizacións deben aterrizalo en protocolos internos. A idea central é clara: fóra da xornada non se debe esixir resposta, e cómpre regular —con transparencia— as medidas de control no traballo presencial e no teletraballo.
Como riscos e zonas grises, Castelo subliña: falta de concreción normativa cando a desconexión se introduce vía protección de datos; tendencia á dispoñibilidade permanente por ter o correo e as apps sempre accesíbeis; e prácticas de vixilancia (vídeo, gravación de espazos, xeolocalización) que deben informarse previamente e quedar protocolizadas. No teletraballo, xorden dúbidas sobre a obriga de ter a cámara acesa: pode haber supostos xustificados, mais sempre con equilibrio co dereito á intimidade e regras claras.
Entre as medidas propostas: dispor dun protocolo de dereitos dixitais que regule a desconexión (quen, cando e por que se contacta fóra de horario); informar e formar ao persoal; definir criterios de videovixilancia/xeolocalización e dotar dispositivos que eviten rastrexo fóra de xornada; documentar as regras de teletraballo nun protocolo interno e incorporalas aos convenios.
Para ver a entrevista completa, pódese acceder aquí
https://www.agalega.gal/videos/detail/300993-bos-dias-04-12-2025
e visualizar no minuto 1h18m30s.