#CiberseguridadeTVG – Entrevista ao avogado Luis Pena sobre o aumento das ciberestafas

Imaxe

As ciberestafas son cada vez máis comúns e calquera pode ser vítima. O avogado Luis Pena, recomenda que se debe actuar nos medios dixitais da mesma forma que o fariamos en persoa, e por tanto desconfiar sempre que se solicite pagos e de maneira apresurada e actuar con sentido común.

Ademais, aconsella posuír contas separadas para realizar transaccións en liña, xa que, en caso de roubo de datos, o dano poida ser menor.

Por último, é importante que, en caso de ser vítima dunha ciberestafa, busquemos axuda e asistencia nas autoridades correspondentes e comuniquemos a situación canto antes.

Para ver a reportaxe completa, acceder aquí e visualizar no minuto 57:55.