#CiberseguridadeTVG – Entrevista a Gustavo Herva, Xefe da Subárea de Seguridade de Amtega

Imaxe

Gustavo Herva, Xefe da Subárea de Seguridade da Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), interveu no programa “Bos días” para informar e comentar temas de actualidade sobre a seguridade da información. Entre eles, a entrevista realizada centrouse nos seguintes temas principais: 

  • A seguridade dos datos que manexa e xestiona a administración pública

  • A Estratexia de Ciberseguridade de Galicia 2030 como ferramenta de resiliencia en ciberseguridade para as administracións públicas

  • Os servizos autonómicos de xestión e resolución de ciberincidentes para as administracións provinciais e locais

  • A participación de Galicia na Rede Nacional de Centros de Operación de Ciberseguridade coordinada polo Centro Criptológico Nacional

  • A importancia da concienciación e colaboración entre administracións locais, autonómicas, entidades privadas e universidades galegas a través do Nodo galego de ciberseguridade CIBER.gal

  • A celebración do IV Encontro CIBER.gal, os días 6 e 7 de novembro en Santiago de Compostela

  • O peso da seguridade da información nos orzamentos da Xunta de Galicia para investir en capacidades de ciberseguridade en Galicia, entre elas, a construción do Centro de Excelencia en Ciberseguridade de Galicia na Tecnópole (San Cibrao das Viñas, Ourense)

  • O inicio do Proxecto RETECH en ciberseguridade enfocado no sector do transporte intelixente

  • O auxe da intelixencia artificial e a súa relación coa ciberseguridade

Para ver a entrevista completa, acceder aquí e visualizar no minuto 12:25.