#CiberseguridadeTVG – Entrevista á portavoz da Policía Nacional que fala das estafas relacionadas coa petición de “like”

Imaxe

Inés Amor, portavoz da Policía Nacional, comentou no programa “A Revista” da TVG que existen regularmente estafas que contactan mediante mensaxería instantánea ofrecendo un traballo que consiste en “dar likes” a publicacións en redes sociais a cambio de certo pago.

Normalmente, comenta a portavoz,  tras a aceptación da oferta de traballo por parte da vítima, ofréceselle que invista diñeiro para obter maior rendibilidade nas tarefas que se desempeñan.

Inés Amor recomenda que en caso de recibir este tipo de mensaxes de persoas non coñecidas desde zonas xeográficas alleas, o mellor é non responder e/ou bloquear devandito contacto para que non se tenten máis estafas doutro tipo.

Para ver a entrevista completa, acceder aquí e visualizar no minuto 29:50.

Información relacionada