#CiberseguridadeTVG – Información sobre os ciberataques a empresas

Imaxe

Desde o Telexornal da TVG infórmase que as pequenas e medianas empresas aumentaron o seu gasto en ciberseguridade para protexerse dos ciberataques, que aumentaron nun 24% no último ano con máis de 22.000 empresas afectadas.

Iago Fortes, CEO de Inprosec, entidade adherida ao Nodo CIBER.gal, comenta que moitas pequenas e medianas empresas non teñen os recursos ou o coñecemento para protexerse das ameazas do mundo dixital, e por tanto, os ciberdelincuentes ven máis sinxelo atacalas.

Os ciberdelincuentes, que actúan en moitos casos como organizacións criminais, buscan comunmente acceder aos sistemas de información da empresa, roubar datos das persoas empregadas ou conseguir diñeiro a través da extorsión ou a estafa. Neste sentido, Antonio Fernandes, hacker adherido ao Nodo CIBER.gal, comenta que se está usando intelixencia artificial para levar a cabo estes ataques de forma máis sofisticada e automatizada.

Ante estes ataques recoméndase o uso de medidas de prevención básicas e avanzadas como contrasinais de seguras, accesos de dobre factor, pasarelas intermedias, así como tamén formación e concienciación en ciberseguridade do propio persoal das empresas.

Para ver a noticia completa, pódese acceder aquí e visualizar no minuto 22:35.