A voceira da Policía Nacional, Inés Amor, explica que a Lista Robinson é unha ferramenta da Axencia Española de Protección de Datos para evitar ou limitar recibir publicidade mediante SMS, chamadas e/o correos electrónicos.
Esta ferramenta, é un servizo gratuíto que poden usar todos os maiores de 14 anos ou os menores mediante os titores.
O proceso de inscrición, comenta a portavoz, consiste en rexistrarse na páxina web da Lista Robinson e recibir un contrasinal para administrar a conta persoal e escoller que publicidade deséxase (ou non) recibir. Unha vez feito este proceso, deberase esperar aproximadamente 3 meses para que empece a ser efectivo.
Amor, ademais indica que, en caso de seguir recibindo publicidade por medios non desexados despois de apuntarse a esta lista e esperar o tempo indicado, pódese denunciar esta situación mediante a propia páxina web da Lista Robinson, e achegar as probas correspondentes.
Doutra banda, Inés Amor apunta que o aumento do uso das redes sociais e a conexión a internet fan que a ciberdelincuencia aumente. Destaca que, o ano pasado, o 90% da ciberdelincuencia foron estafas, e especialmente aumentaron aquelas dirixidas a PEMES.
Para ver a entrevista completa, acceder aquí e visualizar no minuto 03:20.