1 de cada 4 delitos cometidos en Galicia son a través de internet, cifra que non para de aumentar. Por iso, Gustavo Herva, Xefe da Subárea de Seguridade da Amtega, recomenda a autenticación dobre e a desconfianza sa como medidas de prevención.
Gustavo Herva ademais afirma que é esencial habilitar unha segunda medida de seguridade á hora de acceder ás aplicacións, por exemplo a aplicación do banco. Son medidas que se atopan dispoñibles, pero en moitas ocasións os cidadáns non activan.
Así mesmo, Gustavo aconsella ser algo escéptico coas mensaxes recibidas, aínda que o remitente poida parecer unha persoa coñecida, se a mensaxe é estraña, é mellor desconfiar. No peor dos casos, se os ciberdelincuentes conseguen acometer o delito e habendo un impacto económico, débese acudir á autoridade pertinente.
Por último, resáltase a existencia do número de teléfono 017 para solicitar todo tipo de información sobre como protexerse nas redes e como actuar ante calquera incidente cibernético.
Para ver a entrevista completa, acceda aquí e visualice o minuto 10:42.