Nestas datas do Nadal, as compras, incluídas as compras en liña, aumentaron nun 30% en comparación co ano pasado. Isto únese a que o 47,4% dos españois foron vítimas dunha ciberestafa nalgunha ocasión no último ano. Neste sentido, Víctor Salgado, avogado especialista en ciberseguridade, recomenda desconfiar como principal medida de prevención.
Salgado ademais afirma que os ciberdelincuentes aproveitan esta época de compras para tentar despistar ás persoas e conseguir diñeiro ou datos sensibles. A través de tarxetas de felicitación do Nadal ou tarxetas de desconto, entre outras opcións, pretenden facer caer na trampa á potencial vítima.
Desgraciadamente cada vez cóntanse con menos pistas para identificar aos ciberdelincuentes, utilizan intelixencia artificial para que as súas mensaxes sexan o máis reais posibles. Polo que, para evitalo, hai que desconfiar sobre todo das peticións “urxentes”, e non hai que facer clic en ningunha ligazón e, no caso de que se coñeza ao emisor da mensaxe, hai que comprobar por calquera outro medio que efectivamente esa persoa quixo enviar esa mensaxe para evitar caer nunha ciberestafa.
Para ver a entrevista completa, acceder aquí e visualizar o minuto 17:35.