II Xornada de Ciberseguridade Industrial da Comunitat Valenciana

Imaxe

A participación de Gustavo Herva Iglesias en representación da Amtega na II Xornada de Ciberseguridade Industrial da Comunitat Valenciana, organizada por CSIRT-CV, permitiu compartir a visión e experiencias de Galicia no ámbito da ciberseguridade industrial e os proxectos impulsados no marco de RETECH. 

Durante a mesa redonda dedicada aos sectores estratéxicos do Centro de Innovación e Competencia en Ciberseguridade (CICC), abordáronse iniciativas vinculadas á protección de contornas industriais e ao fortalecemento de capacidades en ciberseguridade aplicada.

Información relacionada