Inscrición para novo curso gratuíto de ciberseguridade ata o 19 de marzo

Imaxe

 

No mes de abril dará comezo unha nova edición dun curso gratuíto de ciberseguridade, dirixido a persoas desempregadas e ocupadas interesadas en iniciarse neste ámbito profesional. A continuación preséntase a información principal da formación.

 

Curso de Técnico de Soporte Certificado en Ciberseguridade

Con esta formación oficial deseñada por Cisco, recórrense as áreas clave para analizar e manter a seguridade da información nas organizacións, incluíndo os sistemas operativos, as aplicacións e as comunicacións en rede. Os obxectivos deste curso son:

  • Explicar e mitigar ciberataques comúns, vulnerabilidades TCP/IP e ameazas á rede

  • Describir principios de seguridade de rede e dispositivos que melloran a seguridade

  • Configurar e solucionar problemas de seguridade en redes sen fíos, Windows e Linux

  • Recomendar medidas de seguridade na nube e técnicas criptográficas

  • Avaliar protección de puntos finais, impactos do malware e vulnerabilidades

  • Usar rexistros e ferramentas de monitorización para mellorar a seguridade

  • Crear políticas de gobernanza, probas de seguridade e avaliar ameazas

  • Aplicar modelos de resposta a incidentes e técnicas forenses
     

O curso está dirixido especialmente a profesionais de TI que desexen iniciarse no ámbito da ciberseguridade.

Información xeral do curso:

  • Metodoloxía virtual e teleformación.

  • Número de prazas limitado a 20 (mínimo 10).

  • Unha vez finalizado o prazo de inscrición, o 25 de marzo ás 17:30 h realizarase unha proba de selección presencial no CNTG en Santiago de Compostela, que constará dunha proba técnica.

  • A duración do curso será de 100 horas (40h virtuais, 60h teleformación). 

  • O curso desenvolverase do 13 de abril ao 13 de maio, cun horario de:

    • Virtual: luns e martes (excepto o 12 de maio) e o mércoles 13 de maio de 16:30 a 20:30.

    • Teleformación: mércoles a venres de 16:30 a 21:30 (excepto o 13 de maio).

  • Este curso facilita opción gratuita dun exame de certificación oficial e diploma de asistencia.

Información relacionada