O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) abre o prazo de inscrición para 2 novos cursos de ciberseguridade destinados a profesionais do sector da seguridade da información: a 1º edición do curso gratuíto de 30 horas Certified Information Security Manager en modalidade virtual e con certificación CISM, e o curso tamén gratuíto de 35 horas de CompTIA Security+ en modalidade virtual e con opción gratuíta de certificación oficial.
Estas formacións gratuítas, forman parte do investimento que fai a Concellería de Emprego, Comercio e Emigración no marco do proxecto do Centro de Innovación e Competencia en Ciberseguridade no contexto do Programa RETECH. No proxecto do Centro participan as comunidades de Galicia, Cataluña e Valencia, estando liderado desde a rexión galega pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
A continuación, detállase a información relativa aos cursos:
Ademais destes cursos, o CNTG dispón dun amplo abanico de cursos para diferentes tecnoloxías. Podes consultar a programación completa na seguinte ligazón: https://cntg.xunta.gal/web/cntg/cursos