O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) abre o prazo de inscrición para un novo curso gratuíto de 31 horas de duración en modalidade virtual, co obxectivo de proporcionar unha compresión da normativa relacionada coa protección de datos, tanto a nivel europeo como internacional.
Estas formacións gratuítas forman parte do investimento que fai a Concellería de Emprego, Comercio e Emigración no marco do proxecto do Centro de Innovación e Competencia en Ciberseguridade no contexto do Programa RETECH. No proxecto do Centro participan as comunidades de Galicia, Cataluña e Valencia, estando liderado desde a rexión galega pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
A continuación, detállase a información relativa ao curso:
Introdución á normativa sobre Protección de Datos
Inscrición: del 02/09/2024 al 13/09/2024
Proba de selección: o 18/09/2024 ás 16:30h no CNTG (Santiago de Compostela)
Período: do 01/10/2024 ao 14/10/2024
Horario: de luns a venres, de 16:30h a 20:30h
Prazas: 16
Ademais deste curso, o CNTG dispón dun amplo abanico de cursos para diferentes tecnoloxías. Podes consultar a programación completa na seguinte ligazón: Programa de formación do CNTG.