A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), a través do laboratorio e centro demostrador de ciberseguridade industrial, participa nunha nova edición de Galiciencia, o maior evento de divulgación científica e tecnolóxica de Galicia, celebrado en Ourense, achegando ao público asistente iniciativas vinculadas á innovación e á ciberseguridade industrial.
Durante a xornada realizáronse demostracións sobre unha maqueta de proceso industrial real orientada á sensibilización e capacitación en contornas industriais conectadas, mostrando de forma práctica distintos escenarios, procesos e capacidades relacionadas coa ciberseguridade OT.
Esta actividade permitiu poñer en valor a importancia de impulsar espazos de divulgación tecnolóxica e achegar a ciberseguridade ao tecido educativo, empresarial e social galego.
A presenza en Galiciencia enmárcase na estratexia de Amtega para fomentar a cultura da ciberseguridade, promover o talento tecnolóxico e achegar á cidadanía ferramentas e recursos que contribúan a reforzar a resiliencia dixital de Galicia.
* Na foto pódese ver ao equipo técnico do laboratorio de ciberseguridade industrial da Amtega, entre eles José Antonio Cascallana, Gabriel Almada e Erivel Pérez, xunto con Javier Taibo, director xeral do Parque Tecnolóxico de Galicia, durante a última edición de Galiciencia.