Xornada de difusión dos Cursos de Especialización en Ciberseguridade en Formación Profesional

Imaxe

O día 26 de xuño, no Centro de Innovación de FP Eduardo Barreiros de Ourense, celébrase unha Xornada para presentar os Cursos de Especialización de Ciberseguridade de Galicia, unha mellora na oferta educativa galega que busca seguir fortalecendo a capacitación tecnolóxica dos e das estudantes.

Deste xeito, ademais de mellorar a empregabilidade de quen decida seguir estes cursos, búscase atender ás necesidades de todo o tecido produtivo galego, nun contexto global de forte déficit para este tipo de perfís.

A Xornada de Difusión desta iniciativa, froito da cooperación entre a Dirección Xeral de Formación Profesional e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, será presentada polo director da Amtega, Julián Cerviño Iglesias e a directora xeral de FP, María Eugenia Pérez Fernández. O programa completo pódese consultar a continuación, no apartado de información relacionada.

Programa RETECH

Esta iniciativa forma parte do investimento no marco do proxecto do Centro de Innovación e Competencia en Ciberseguridade no contexto do Programa RETECH. No proxecto do Centro participan as comunidades de Galicia, Cataluña e Valencia, estando liderado desde a rexión galega pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).