Protexendo os teus datos protéxeste a ti mesmo

Hoxe en día utilizamos os nosos datos para case todas as accións que realizamos nas nosas actividades cotiás, xa sexa no mundo analóxico ou no dixital.

Cando nos damos de alta nunha rede social, cando abrimos unha conta bancaria ou cando reservamos as entradas para un espectáculo, estamos a entregar a un terceiro información propia sobre a que temos dereitos e que debe ser tratada apropiadamente.

Imaxe
Chica mirando usuario y contraseña en su móvil

Sempre que alguén vaia facer un tratamento de datos persoais ten a obriga de proporcionar os seus datos de contacto. Búscaos na páxina web, nas instruccións da app, no formulario que cubres a man… Son a túa garantía para manter o control do que ese terceiro pode facer cos teus datos.

O marco legal determinado polo Reglamento Xeral de Protección de Datos permítenos exercer un control maior sobre os nosos datos persoais e o uso que fan deles as entidades que os tratan. Para facelo dispoñemos dos dereitos coñecidos como dereitos ARCO-POL ou ARSULIPO.

  • Dereito de acceso: emprégao para descubrir se os teus datos están a ser tratados ou non preguntándollo á entidade correspondente.

  • Dereito de rectificación: para esixir que se modifiquen ou completen os teus datos cando o responsable dun tratamento (empresa ou entidade pública) dispoña deles de maneira inexacta ou incompleta.

Imaxe
Ordenador portátil con un candado en la pantalla
  • Dereito de supresión: serve para pedir que se eliminen os teus datos persoais de un tratamento baseado no teu consentimento. Cando exerces este dereito retiras o teu consentimento e o responsable do tratamento debe borrar os teus datos persoais.

  • Dereito de oposición: podes opoñerte a que un responsable realice un tratamento dos teus datos persoais en determinados casos, entre os que destaca a mercadotecnia directa (que alguén se poida poner en contacto contigo para promocionar un producto).

Imaxe
Derechos del ciudadano sobre protección de datos
  • Dereito á portabilidade: permite esixirlles ás empresas que estean tratando os teus datos persoais que chos proporcionen nun formato que entendas (así podes ver que datos teus teñen) ou que llos pasen a outra empresa, por exemplo cando cambias de compañía telefónica, para non ter que darllos ti á compañía nova.

  • Dereito á limitación do tratamento: en primeiro lugar serve para que o tratamento dos teus datos persoais sexa suspendido polo responsable durante a verificación dunha reclamación sobre a exactitude dos mesmos, ou durante a verificación da pertinencia dunha solicitude de oposición que teñas feito. En segundo lugar, este dereito obriga ao responsable a conservar os teus datos aínda que xa non os siga tratando, o que che permitiría contar con eles para facer unha reclamación, por exemplo.

Imaxe
Chico dentro de un smartphone y chica dentro de otro smartphone

E, o máis importante, lembra: ante a menor dúbida en materia de protección de datos persoais, acode á Axencia Española de Protección de Datos.

Para saber máis: https://www.aepd.es/es/derechos-y-deberes/conoce-tus-derechos

Porque en ciberseguridade, cada clic conta.

Imaxe
Chica señalando la web de www.aepd.es en la pantalla de un portátil