O Catálogo de boas prácticas e controis de seguridade para contornos ICS/OT do Observatorio de Ciberseguridade Industrial ofrece unha guía estruturada para apoiar a selección, priorización e implantación progresiva de medidas de ciberseguridade en organizacións con sistemas industriais.
A través dunha aproximación práctica e independente de fabricantes, o catálogo reúne máis de setenta boas prácticas e controis de carácter técnico, organizativo e procedemental. Estes agrúpanse en bloques funcionais que abranguen ámbitos como a gobernanza, as auditorías técnicas, a segmentación IT/OT, a detección de ameazas, a monitorización, a xestión de identidades e accesos, a protección dos activos industriais, a resposta ante incidentes, a recuperación da operación ou o desenvolvemento seguro de software.
O catálogo complétase cunha estratexia de priorización e implantación en base a diferentes criterios, que inclúe criterios para ordenar actuacións, identificar medidas de rápida aplicación e definir unha secuencia de despregamento adaptada á realidade de cada organización.
Trátase dun recurso de referencia para responsables técnicos, equipos de operación e mantemento, profesionais da ciberseguridade, persoal de enxeñaría, provedores e integradores que busquen reforzar a resiliencia dos seus contornos industriais mediante unha protección proporcionada, sostible e aliñada coa continuidade da operación.