Guía Normativa de Ciberseguridade Industrial

Dende a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), poñemos á disposición das organizacións e profesionais do sector industrial esta Guía Normativa de Ciberseguridade Industrial, elaborada para facilitar a comprensión e o cumprimento do marco regulatorio vixente en materia de ciberseguridade OT. O documento recolle de forma estruturada os principais instrumentos normativos nacionais e europeos aplicables —Esquema Nacional de Seguridade, NIS2 e Regulamento de Ciberresiliencia (CRA)—, cunha orientación práctica pensada para responsables técnicos e decisores.