O programa de Redes Territoriais de Especialización Tecnolóxica (RETECH) é unha iniciativa impulsada desde a Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial para facer realidade a transformación dixital en cada rexión de España mediante a posta en marcha de proxectos territoriais en distintos ámbitos tecnolóxicos impulsados de forma conxunta por varias Comunidades Autónomas.
No ámbito da Ciberseguridade, Galicia presentou conxuntamente con Cataluña e a Comunitat Valenciana o proxecto "Centro de Innovación e Competencia en Ciencias da Saúde, Transporte Intelixente, Industria Conectada e Excelencia Operativa", sendo este un dos seleccionados para a súa posta en marcha no marco do Programa RETECH.
A continuación poderás coñecer máis sobre as iniciativas enmarcadas neste proxecto que levan a cabo co liderado e a participación de Galicia.
O evento é unha xornada informativa sobre ciberseguridade industrial enmarcada no Laboratorio e Centro de Demostración de Ciberseguridade Industrial, d
Programa/axenda:
Presentación a cargo da Amtega e a Dirección Xeral de Formación Profesional dos Cursos de Especialización en Ciberseguridade en Formación Profesional.
Usamos contrasinais seguros ou son demasiado previsibles?