10:30 - 12:30
Sesión formativa en materia de ciberseguridade emarcada na campaña europea 'All Digital Weeks'. A Amtega e a Rede CeMIT, que forma parte da Asociación Somos Digital, coordinadora nacional desta iniciativa, súmanse por segundo ano a ela mediante unha serie de accións formativas co título "Ciberseguridade: os teus primeiros pasos".
O seu obxectivo é sensibilizar á cidadanía, especialmente ao colectivo de persoas maiores, da importancia da formación en ámbitos como a protección de credenciais, navegación segura, seguridade nos dispositivos e, en definitiva, no uso da tecnoloxía no día a día.