"Ciberseguridad, os teus primeiros pasos" en Leiro

Aula CeMIT de Leiro
Caducado
Imaxe

Sesión formativa en materia de ciberseguridade emarcada na campaña europea 'All Digital Weeks'. A Amtega e a Rede CeMIT, que forma parte da Asociación Somos Digital, coordinadora nacional desta iniciativa, súmanse por segundo ano a ela mediante unha serie de accións formativas co título "Ciberseguridade: os teus primeiros pasos". 

O seu obxectivo é sensibilizar á cidadanía, especialmente ao colectivo de persoas maiores, da importancia da formación en ámbitos como a protección de credenciais, navegación segura, seguridade nos dispositivos e, en definitiva, no uso da tecnoloxía no día a día.

Contidos:

  • Panorama actual
  • As credenciais (como crealas e protexelas)
  • Navegación segura (identificar sitios webs inseguros, navegadores (extensións), hábitos ciberseguros (cookies, xestión de credenciais, conexión desde dispositivos públicos)
  • Seguridade en dispositivos móbiles (configuración inicial, as apps, hábitos ciberseguros (actualizacións, WiFi públicas, conexións inalámbricas, antivirus)

Información relacionada