Imaxe
11:00 - 13:00
Actividade na que se presentarán as principais tecnoloxías de comunicación V2X, as súas vulnerabilidades e os retos de ciberseguridade asociados, prestando especial atención aos requisitos de latencia, dispoñibilidade, seguridade e privacidade.
Abordaranse tamén solucións criptográficas emerxentes, como as probas de coñecemento cero (Zero-Knowledge Proofs, ZKP) e a criptografía poscuántica (PQC), e o seu potencial para protexer a privacidade e evitar a trazabilidade non autorizada dos vehículos. A sesión incluirá demostracións prácticas con equipamento V2X real.