Obradoiro: Explotación e mitigación de vulnerabilidades en PLCs S7-120

09:50 - 11:55

Sala 8 do Edificio Fontán (Cidade da Cultura, Santiago de Compostela)

Prazas limitadas. A inscrición ao evento é gratuíta e está dispoñible aquí: https://inscricioncibergal.ciberseguridadegalicia.gal/gl/

Neste obradoiro estudaremos algunhas das vulnerabilidades presentes nos autómatas S7-1200 de Siemens, a súa explotación e medidas de prevención e mitigación:

  • Detección de vulnerabilidades en S7-1200 CPU 1215C AC/DC Relay 6ES7 215-1BG40-0XB0
  • Explotación de vulnerabilidades
  • Medidas de prevención e mitigación

Este obradoiro está dirixido ao profesorado de Cursos de Especialización Ciberseguridade OT/IT, Profesorado familias profesionais de electricidade e electrónica e informática, Alumnado de Cursos de Especialización Ciberseguridade OT/IT, familia electricidade e electrónica e informática e outras persoas interesadas na temática.

Ao final do obradoiro, as persoas asistentes que así o desexen poderán realizar unha proba de explotación destas vulnerabilidades. Para iso deberán traer un portátil cun servidor web e PHP, por exemplo XAMPP (https://www.apachefriends.org/es/index.html), e calquera contorno de programación de Python, como VS Code (https://code.visualstudio.com/).

Obradoiro impartido por Carlos Blanco Arca - Coordinador Curso Especialización Ciberseguridade en contornos das tecnoloxías de operación de CIFP Politécnico de Santiago