Obradoiro práctico “Automatización de ataques e emulación de adversarios con MITRE Caldera”

Cidade da Cultura de Galicia, Edificio Fontán.
Caducado
Imaxe

MITRE Caldera é unha plataforma de código aberto deseñada para emular adversarios e automatizar ataques e probas de seguridade. Neste taller exploraremos, mediante exercicios prácticos, como utilizar esta ferramenta para replicar diversas técnicas, tácticas e procedementos (TTPs) empregados polos ciberdelincuentes. O obxectivo é comprender o potencial da ferramenta para executar escenarios de ataque simulados, realizar probas de seguridade, identificar vulnerabilidades e avaliar as medidas de fortificación e monitorización implementadas nos nosos sistemas.

Coñecementos previos

  • Manexo de máquinas virtuais, preferiblemente en Virtualbox. 
  • Manexo básico de terminal en contornas GNU/Linux (Ubuntu)
  • Coñecementos mínimos sobre redes TCP/IP: direccionamiento IP e protocolos principais

Materiais necesarios

  • Portátil con sistema operativo Windows ou GNU/Linux. Recomendable 16GB RAM mínimo e 80GB libres de espazo en disco. Instalado Virtualbox (v7.0 ou superior)
     

Información relacionada