Participa no C3TF Cyber Competition!

10:00 - 15:30

Dúas sedes simultaneas:
- CITIC de la Universidade da Coruña.
- atlanTTic de la Universidade de Vigo.

O vindeiro xoves 29 de outubro tes unha cita coa ciberseguridade na Universidade de Vigo. Chega unha nova edición do C3TF Cyber Competition, que reunirá charlas, networking e unha competición de retos informáticos na que poderás demostrar o que sabes, aprender e compartir experiencia con outras persoas.

En que consistirá a xornada?

  • Charlas e networking | 10:00–14:00 h
    Coñece novas tendencias en ciberseguridade, descubre as súas oportunidades e comparte ideas con outras persoas interesadas neste ámbito.
  • Capture The Flag (CTF) | 15:30–20:30 h
    Atrévete a resolver desafíos de seguridade informática e pon a proba as túas habilidades nunha competición por equipos de 1 a 3 persoas.

Premios. Os tres equipos mellor clasificados recibirán 1.200 €, 900 € e 600 €, respectivamente. Ademais, haberá agasallos para todas as persoas participantes.

Onde? En atlanTTic, na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo, e simultaneamente no CITIC da Universidade da Coruña.

Consulta o programa e inscríbete en c3tf.io.

Forma o teu equipo e participa! Tes unha oportunidade para aprender, demostrar o que sabes e poñerte a proba nun reto de ciberseguridade.

Información relacionada