VISITAS AOS LABORATORIOS

10:15 - 14:00

Vestíbulo do Edificio Fontán (Cidade da Cultura, Santiago de Compostela)

Prazas limitadas. A inscrición ao evento é gratuíta e está dispoñible aquí: https://inscricioncibergal.ciberseguridadegalicia.gal/gl/

Actividade unicamente en modalidade presencial, cunha duración dunha hora e previa inscrición. Parten do vestíbulo do edificio Fontán.

Esta visita é unha oportunidade para coñecer de primeira man as capacidades e os servizos dos laboratorios e centros demostradores de ciberseguridade da Xunta de Galicia especializados en produtos con elementos dixitais e ciberseguridade industrial.

Durante a visita, as persoas asistentes poderán descubrir como estas instalacións contribúen a reforzar a ciberseguridade das organizacións, dos produtos e dos contornos industriais.

A actividade inclúe un percorrido por ambos os laboratorios, onde se presentarán as súas principais capacidades, equipamento e casos de uso.